Skip to main content
O Incio

As parroquias do Incio acollen, unha vez máis, a visita da Furgoteca

Por 8 Marzo, 2024Marzo 9th, 2024Sin comentarios

A Furgoteca volve ao Concello do Incio durante o día de hoxe, no que percorrerá as parroquias de Eirexalba, de 11.00 a 15.0 horas; de Laiosa, de 12.00 a 12.30 horas; da Cervela, de 14.10 a 14.30 horas, e de Santo Eufrasio (Val do Mao), de 15.00 a 15.30 horas.

O servizo galego de Bibliotecas tamén volverá ao Incio o vindeiro 22 de marzo, cando visitará Santa Cruz do Incio, diante do Centro Sociocultural, de 13.30 a 15.30 horas.

Así, este servizo que proporciona libros de teatro, ensaio, novelas, cómics, contos, xogos, música e cinema; así como conexión a Internet, estará dispoñible para todas as persoas interesadas.