Skip to main content
O Incio

Xa está aberto o prazo de inscrición para formar parte da Casa Niño BuleBule do Incio

Por 10 Marzo, 2024Marzo 11th, 2024Sin comentarios

A Casa Niño BuleBule do Incio abriu o prazo para que as familias que o desexen poidan inscribir aos seus nenos e nenas no vindeiro curso escolar ata o vindeiro 22 de marzo.

Así, os cativos de entre tres meses e tres anos poderán formar parte da comunidade educativa pública do municipio do Incio, que ofrece unha educación rural en contacto coa natureza.

Ademais, desde o centro educativo promoven un ambiente familiar e respectuoso cos ritmos e aprendizaxe axeitados aos grupos de idade.