Skip to main content
O Incio

Patricia Rivas presenta ‘La carta que siempre leerás’ esta tarde no Incio

Por 22 Marzo, 2024Marzo 23rd, 2024Sin comentarios

O centro sociocultural do Incio organiza para esta tarde, de 18.30 a 20.00 horas a presentación do libro La carta que siempre leerás da escritora Patricia Rivas.

A iniciativa, promovida pola Furgoteca, está aberta a todas as persoas interesadas en participar.

A escritora irá acompañada da poetisa Naila González e o músico David Xoel Carnero, que lle farán unha entrevista, abordando o seu labor como escritora e protagonista da historia.

Así, reflexionarase sobre temas relacionados coa saúde mental, as relacións e a importancia de ter amizades que escoiten sen xulgar.