Skip to main content
BóvedaO Incio

O GDR organiza a celebración do Día Internacional dos Bosques nos Trollos de Bóveda

O GDR Ribeira Sacra – O Courel organiza, en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a celebración do Día Internacional dos Bosques no Viveiro de Os Trollos en Bóveda.

“Máis de 600 escolares de diferentes centros educativos do noso territorio desenvolverán talleres de biodiversidade e plantación…”, explican desde o GDR.

Os nenos e nenas do Ceip Ricardo Gasset do Incio tamén formarán parte desta iniciativa para celebrar o día.