Skip to main content
O Incio

A Asociación Ruta do Ferro do Incio recibirá unha subvención de 6.000 euros da Deputación

A Deputación de Lugo aprobou o último trámite administrativo para o pago dunha subvención por 6.000 euros á Asociación Veciñal e Cultural Ruta do Ferro, no Concello do Incio.

A entidade resultou beneficiaria do Programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, e destinou os fondos á mellora e adecuación da pista do Monte Veciñal.

Con respecto a esta liña de axudas, anunciou Pilar García Porto a publicación no día de hoxe das bases no Boletín Oficial da Provicnia (BOP) para a convocatoria deste ano 2024.

Polo tanto, os interesados xa poden solicitar as axudas deste programa da institución que ten unha dotación económica de 300.000 euros, e que está dirixida ás entidades asociativas dos 67 concellos da provincia.