Skip to main content
BóvedaO Páramo

A SD O Páramo enfróntase esta fin de semana contra a SD Rubián para establecer o campión da Liga

Este domingo terá lugar o enfrontamento entre o equipo SD O Páramo e o SD Rubián de Bóveda no que ámbolos dous equipos de fútbol campo competirán por acadar o primeiro posto na Liga Terceira Galicia Grupo Sur.

Despois de que estes equipos de fútbol do Páramo e de Bóveda ascenderan tras acadar sendas victorias durante os partidos de tempada, agora tócalles a eles enfrontarse un ao outro para establecer o máximo campión da Liga.

Desta maneira, o domingo, 17 de marzo, ás 16.30 horas terá lugar este partido de fútbol no campo das Rapadas, no Páramo, onde o equipo local espera que toda a afección acuda ao encontro: “Este fin de semana, contamos contigo para o partido mais importante de toda a temporada”, sosteñen.