Skip to main content
Sarria

O Buril acolle diversos concertos nestes días de Semana Santa

A Asociación Buril ACDE organiza varios concertos para estes días de Semana Santa no seu local de Sarria os días 27, 28, 29, 30 e 31 de marzo.

Así, o primeiro deles será este mércores, 27 de marzo, no que actuarán Mutilted Judge, unha banda de grindcore e basque country e Amphetamine Onanism de estilo noise e basque country.

Pola súa parte, o xoves 28 actuará Último Gobierno, unha banda de hardcore punk de Burgos, xunto con Young Kids, que é unha banda de punk trintxerpe.

Xa o día 29 acollerase un festival no que actuarán diversos grupos a partir das 20.00 horas. En concreto, serán seis, qjue virán de Jaén, Tarragona, Ourense, Austria, Álava e Lugo.

O día 30 o protagonista será Archivo Adxunto, que virá acompañado de artistas convidados como Kondusión Kolérika e o Sudor do Tractorista. As portas abriranse ás 22.00 horas. Por último, o día 31 actuará Ran Ignito a partir das 21.00 horas e, ademais do concerto, haberá pintxos.