Skip to main content
Abadín

Cabaleiros de Abadín organiza a segunda ruta cabalar o día 23

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

O club Cabaleiros de Abadín celebrará o sábado 23 de marzo a segunda edición da súa Ruta Cabalar, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da feira de Gontán e chegada ao mesmo lugar.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar, ás 14.30 horas, no campo da feira servido por Hermanos Debasa a un prezo de 25 euros. Haberá unha sesión vermú con Dj Akapeabody e colchonetas de balde para os nenos.

A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse antes do día 17 de marzo nos teléfonos 657 184 532 o no 674 486 628.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu caba