Skip to main content
BurelaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

A fase final da Copa da Raíña de fútbol sala xa ten emparellamentos

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

A fase final da Copa da Raíña, que se celebrará en Alhaurín de la Torre do 12 ao 14 de abril, xa ten emparellamentos. Así, sete xogadoras da Selección Española (Irene Samper, Melli, Laia Rojo, María Sanz, Vane Sotelo, Silvia e Ari), ademais de Antía Martínez, representante do Bloques Cando Castro FSF, foron as encargadas de extraer as bólas.

Así, nos cuartos de final, os dous equipos galegos, o Pescados Rubén Burela FS e o FSF Castro Bloques Cando enfrontarase ao Atlético Navalcarnero e ao LBTL Futsal Alcantarilla respectivamente.

O Pescados Rubén Burela FS intentará revalidar o seu título que leva na Mariña desde o 2019, e que gañaran por primeira vez no 2013.