Skip to main content
Friol TERRACHÁXAPol LUGOXA

Máis de 1.600 fogares de Friol accederán a internet ultrarrápido no 2024

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

Unhas 170 familias acaban de estrear fibra óptica da man de Adamo no concello. O alcalde de Friol, José Ángel Santos, reuniuse co responsable da compañía en Galicia, David Llano, para que o informase das actuacións realizadas e das que virán ao longo do ano.

Máis de 1.600 fogares de Friol terán acceso a Internet de alta velocidade ao largo do presente ano. O despregue está sendo executado de forma progresiva pola empresa Adamo, que acaba de conectar a 170 familias do concello lucense a súa fibra óptica. Estas actuacións resultan máis complexas do habitual, dado que implican a instalación de tres cabeceiras que, ao finalizar o proxecto, quedarán interconectadas entre si para que a rede quede plenamente asegurada, fixada e consolidada.
Aínda que esta infraestrutura abre numerosas posibilidades, resulta inevitable identificar esta novidade tecnolóxica coa loita contra o despoboamento que mantén o Concello de Friol como gran impulsor.

É preciso destacar que se trata de fibra óptica de ata 1.000 Mb, a mesma velocidade máxima habitual de conexión que pode encontrarse en calquera gran cidade. Así que agora é posible navegar por Internet á mesma velocidade en Barcelona, en Madrid… e no Concello de Friol.

David Llano, responsable de Adamo en Galicia, reuniuse a semana pasada co alcalde de Friol, José Ángel Santos, quen está impulsando o desenvolvemento de esta infraestrutura clave tanto concedendo os permisos pertinentes con axilidade como facilitando sempre o labor dos técnicos do operador.

Cabe recordar que a conexión que subministra Adamo -de ata 1.000 Mb, como xa se sinalou-, ademais de ser útil contra o despoboamento, posibilita realizar con garantías actividades que hoxe resultan habituais: teletraballo, educación en liña, compras por Internet, citas médicas telemáticas ou desfrutar de videoxogos, series e películas en remoto, entre outras.

Adamo é un operador de vocación nacional con un enfoque de negocio rexional e local. Presente no mercado español desde 2007, a compañía da prioridade ás áreas rurais e ás novas zonas urbanas con unha alta densidade de poboación, proporcionando fibra óptica ultrarrápida (1.000 Mb). O seu actual plan de expansión foi potenciado recentemente con 600 millóns de capital privado. Así mesmo, Adamo é un dos principais adxudicatarios do Programa de Banda Ancha a Nueva Generación (PEBA-NGA), do Programa de Universalización de Infraestructuras Digitales para a Cohesión (Único) e do Único 5G-Redes, financiados polo Estado e a UE, nas convocatorias de 2020, 2021, 2022 e 2023. En total, uns 450 millóns de orzamento público-privado para levar Internet de alta velocidade a cerca de 864.000 fogares e para instalar 1.670 antenas no ámbito rural.