Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A rapazada do Outeiro Tardes presentou un vídeo elaborado para o 8M

Por 9 Marzo, 2024Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Outeiro de Rei presenta este venres na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ás 17:00 h, o vídeo Ás que tanto nos dan-Concello de Outeiro de Rei.

O Concello volve repetir a iniciativa de anos anteriores coa presentación dun vídeo pensado e elaborado especialmente para este 8-M pero dándolle un enfoque diferente. Nesta ocasión os e as protagonistas foron 13 nenas e 14 nenos que asisten a Outeiro Tardes, iniciativa incluída dentro do programa municipal de conciliación familiar, que se encargaron de facer unha homenaxe a algunhas das mulleres coas que comparten o seu día a día e que sen dúbida son piares fundamentais nas súas vidas.

O acto estivo presidido polo alcalde, José Pardo Lombao, e a concelleira de Servizos Sociais, Mª José Martínez Vigo e contou coa presenza dos nenos e das nenas protagonistas e tamén con Irene Vila Modia, da empresa BuleBule, realizadora deste traballo. Ao remate do acto houbo unha degustación de doces.