Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición na Escola Infantil de Outeiro de Rei

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei mantén ata o 30 de abril aberto o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2024/2025 na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei.

Durante este período de tempo, os pais/nais ou titores dos menores que estean na actualidade matriculados na Escola Infantil Municipal de Outeiro de Rei deberán presentar a solicitude de reserva de praza no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais/nais ou titores de menores que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e tamén a web municipal dentro do banner de conciliación familiar (https://outeiroderei.gal/escola-infantil-municipal/)