Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza contará cunha residencia e centro de día con cargo á Xunta

Por 10 Marzo, 2024Marzo 11th, 2024Sin comentarios

A Consellería de Política Social e Xuventude acordou financiar a instalación dun centro de día e residencia de maiores no Concello da Pastoriza.

Foi a titular da entidade, Fabiola García, a que, nunha reunión co rexedor pastoricense, Darío Cabaneiro, e o tenente de alcalde, Marcos García, comunicou a decisión deste organismo, ante Elena Candia e Javier Arias, que tamén asistiron á reunión.

O proxecto ten un orzamento de preto dun millón de euros e consistirá na edificación dun novo edificio nunha parcela de 5.600 metros cadrados situada ao lado da casa consistorial e o Punto de Atención á Infancia.

A instalación contará con 40 prazas de atención como centro de día e 16 en atención residencial para persoas con dependencia recoñecida.

Segundo indicou o alcalde, actualmente hai un total de 27 maiores que teñen que desprazarse a outro centro da contorna para recibir atención, situación que queren paliar con este novo centro, unha das promesas do partido para as eleccións.

PAVILLÓN BRETOÑA

Por outra banda, o Concello da Pastoriza, vén de presentar a solicitude para unha subvención coa que poida levar adiante o proxecto de aforro e eficiencia enerxética no pavillón polideportivo de Bretoña.

Esta obra implica o cambio de cuberta pavillón e vestiarios, instalación de paneis solares para ACS e luminarias LED). ten un orzamento 150.000 euros.