Skip to main content
A Pastoriza

Seselle está de festa esta fin de semana

Por 16 Marzo, 2024Marzo 19th, 2024Sin comentarios

A localidade de Seselle, na Pastoriza celebra desde hoxe as súas festas na honra a San Xosé. Estas darán comezo ás 14.00 horas coa misa solemne, seguida da sesión vermú a cargo de Manu Congre, cantante da orquestra Foliada.

Pola noite está prevista a verbena con Cuarteto Principal, cantantes da orquestra Principal.

O domingo tamén haberá misa, á mesma hora e rematarán a festa cunha sesión vermú con La Hora Bruja.