Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Un cento de persoas participaron na primeira Ruta dos Fornos de Pol

Por 4 Marzo, 2024Sin comentarios

Malia a chuvia e o frío, máis dun cento de persoas participaron na celebración da primeira edicion da Ruta dos Fornos de Pol, unha iniciativa que puxo en marcha a asociación de mulleres rurais Olvido e Roteiros de Pol. Esta actividade, que tivo lugar este domingo, permitiu facer unha parada en seis fornos particulares do municipio.

O obxectivo dos organizadores desta cita é reactivar estes espazos tradicionais e que se recupere este traballo tradicional que se viña facendo en todas as casas. Dende as entidades explicaron que se trata dun labor en decadencia porque “a xente maior deixou de usalos e os novos quitáronlle valor ou non saben como realizar o proceso, por iso queremos que os fornos que aínda están nas casas recuperen o seu valor”.

Foi un percorrido de dez quilómetros e dificultade baixa que comezou na Capela das Neves e percorreu os fornos de Bernabel, de Labrada, de Pásaro, de Neira, de Mirón e Casa Chaín, onde rematou a visita. En cada un dos espazos puido degustarse algunha das elaboracións que se fan nos fornos como empanada, bola de queixa, liscos ao espeto, chourizo, carne ao forno e, para rematar co doce, biscoito de noces e brownie.