Skip to main content
Deportes LUGOXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Abre a inscrición para a Ruta Trotamontes de Pol, convocada para o día 30

Por 10 Marzo, 2024Sin comentarios

Os club Trotamontes de Pol abriu o prazo de inscrición para unha nova edición da súa cita anual, a XV ruta Moto-Quad-ATV. Esta será o sábado 30 de marzo arrancando desde Mosteiro, unha cita que reúne arredor de 150 participantes.

A ruta discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello de outros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.

As inscricións, a un prezo de 65 euros, poden facerse a través de facebook ou no email trotamontespol1@gmail.com.

A proba dará comezo ás 9.00 horas pero a recollida de dorsais será desde unha hora antes. Ás 11.00 está previsto un descanso para café e ás 14.00 pararase par o xantar.

Finalmente rematarse o percorrido ás 18.00 horas e a cena convocouse para as 20.39 horas.

Rematarán a xornada coa actuación de Paulo Mortinho Freestyle, ás 23.00 horas e desde a medianoite, sesión musical na Hermo Disco Truck con Adolfo Valiño.