Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Lecer de Gamelle celebra o seu segundo aniversario cun cocido

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Deportiva polense Lecer de Gamelle celebra este mes o seu segundo aniversario en funcionamento e para iso ten organizado unha xuntanza con cocido para o domingo 17 de marzo, ás 14.00 horas.

As persoas interesadas en asistir deben anotarse hoxe, luns, como último día no teléfonos 622 038 375 (Benilde) e 664 073 068 (Milagros).

O colectivo ten organizadas este ano numerosas actividades tanto para pequenos como para maiores, co obxectivo de impulsar a vida cultural e social de Cirio, onde ten a súa sede na casa escola da parroquia.