Skip to main content
Deportes LUGOXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Arranca este sábado a Ruta Trotamontes de Pol con 250 inscritos

Por 28 Marzo, 2024Marzo 29th, 2024Sin comentarios

Os club Trotamontes de Pol celebrará este sábado, 30 de marzo, unha nova edición da súa cita anual, a XV ruta Moto-Quad-ATV. Arrancará desde Mosteiro esta cita que reúne este ano 250 inscritos.

A ruta discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello de outros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.

A proba dará comezo ás 9.00 horas pero a recollida de dorsais será desde unha hora antes. Ás 11.00 está previsto un descanso para café e ás 14.00 pararase par o xantar.

Finalmente rematarse o percorrido ás 18.00 horas e a cena convocouse para as 20.39 horas.

Rematarán a xornada coa actuación de Paulo Mortinho Freestyle, ás 23.00 horas e desde a medianoite, sesión musical na Hermo Disco Truck con Adolfo Valiño.