Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Presentan un documental sobre Rábade este sábado

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

Este sábado día 2 de marzo preséntase en Rábade o documental Rábade, Camiños de auga e ferro, elaborado por Xurdir Producións Audiovisuais coa colaboración do Concello de Rábade e de varias empresas da localidade.

O traballo audiovisual pretende por en valor o emprendemento en concellos rurais como o noso. Nel fálase da actividade económica, cultural, turística e patrimonial de Rábade.

A estrea está aberta a quen queira asistir.

Será a partir das 19:00 horas no centro sociocultural da localidade.

Participarán na sesión a alcaldesa, Remedio González; o director da produtora Xurdir, Ignacio Seijo, e a directora de produción, Noelia Francisco.