Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Piden voluntarios para instalar refuxios para morcegos nas Insuas do Miño

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

O próximo sábado 9 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas, a Asociación Galega de Custodia do Territorio realizará a instalación de caixas refuxio para morcegos nas Insuas do Miño da man de Roberto Hermida. Sairán desde a Casa das Insuas e achegaranse ata as insuas para instalar estes refuxios e falar dos morcegos presentes nelas.

As persoas que desexen participar nesta acción de voluntariado poden inscribirse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93.

Esta actividade é posible grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño.