Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade arranxa as deficiencias do Parque da Praza Castelao

Por 6 Marzo, 2024Sin comentarios

O Goberno local do Concello de Rábade acomete estes días o arranxo das deficiencias atopadas ao recibir o Parque da Praza Castelao e os seus arredores; como os acabados defectuosos, a falta de papeleiras -xa instaladas-, o consumo continuado de auga -ao que xa se lle puxo unha billa-, as árbores en mal estado, que van ser saneadas, ou as fochancas nas beirarrúas.

Desde o Concello de Rábade vanse solucionar todas estas incidencias pensando no uso continuado deste espazo e das súas zonas próximas para que os nenos e nenas poidan facer uso das instalacións con todas as garantías de seguridade.

Trátase dun espazo moi céntrico que non pode seguir nas condicións nas que foi recibido polo novo Goberno, polo que os traballos de mellora e reparación xa están en marcha.