Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

A ANPA do CEIP de Rábade celebrará o Día da Muller cunha sesión de monicreques

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

A ANPA do CEIP de Rábade celebrará este 8 de marzo o Día Internacional da Muller cunha nova actividade dentro do programa lectura e familias.

Así, convocou a toda a comunidade educativa a unha sesión de monicreques, que estará a cargo de Marisa Irimia.

A sesión terá lugar o propio día 8, ás 12.30 horas no ximnasio do centro. Participarán público de Infantil e de Primaria así como as familias.