Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Instalan en Rábade 6 novos contedores para a recollida de aceite usado

Por 9 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Rábade, coa colaboración de Gestión de Residuos, instala seis novos contedores para a recollida de aceite de cociña usado. A Asociación sen ánimo de lucro VI.NI.A colabora na súa posterior recollida para que poida ser reutilizado. Os contedores súmanse aos que xa hai no campo da feira e xunto ao colexio.

É preciso depositalo en botellas de plástico pechadas.

Os puntos nos que pode depositarse son na rúa Coronel Andrade coa Estrada de Vilalba, na avenida da Coruña á altura dos desvío cara a Friol, na avenida da Coruña fronte á libraría Arbelos, ao lado da pasarela, estación do tren, nos Remedios e na estrada Bos Aires esquina coa avenida da Coruña.