Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O campamento ‘Insuaescola de Pascua 2024’ terá lugar na Casa das Insuas de Rábade e na súa contorna

A Casa das Insuas de Rábade acolle o campamento Insuaescola de Pascua do 2024, que se desenvolverá no paraíso natural, onde se xerará “un espazo de coñecemento e formación sobre a natureza, realizando moitas actividades medioambientais e ao aire libre”.

Desta maneira, do 25 ao 27 de marzo, de 10.00 a 14.00 haberá actividades para os nenos e nenas do municipio e dos arredores 6 a 12 anos sobre a temática da reciclaxe, así como xogos e moita natureza.

Desde a Casa das Insuas animan a participar, contactando co mail casadasinsuas@gmail.com ou no número 627 597 379 e lembran que esta actividade é posible “grazas ao acordo de custodia do territorio que a Deputación de Lugo mantén coa AGCT para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte, contornas da institución provincial que forman parte da Reserva da Biosfera de Terras do Miño”.