Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Imparten na Casa das Insuas un curso de ilustración da natureza

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

Este mes dará comezo na Casa das Insuas o Curso de ilustración da natureza do 2024, impartido pola debuxante Mariana Roura e organizado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, no que se poden aprender as bases para debuxar a natureza.

O curso contará con catro sesións ao longo do ano: 24 de marzo (as aves das Insuas), 28 de abril (pequenos mamíferos das Insuas), 26 de maio (a flora das Insuas) e o 23 de xuño (composicións naturalistas: como retratar pequenos tesouros).

Pódese realizar o curso completo ou as sesións que se escollan. A primeira sesión terá lugar o día 24 de marzo, de 10:30 a 14:00 na Casa das Insuas, Rábade. A inscrición para este está aberta e para os outros abrirase uns 10 días antes de cada sesión. Esta debe facerse en www.custodiadoterritorio.org/actividades. As prazas son limitadas.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.