Skip to main content
Vilalba

Felpeto presenta o seu libro ‘Branco Xiz tirando a negro’ en Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación, organiza a acto de presentación da novela Branco Xiz tirando a negro, de Xosé Manuel Felpeto Carballeira, o seu autor.

O acto terá lugar o venres 22 de marzo de 2024, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; ao que poderán acudir todas as persoas interesadas de forma gratuíta.

A sinopse di desta obra que “un corpo cae ao baleiro, leva un camisón branco cunhasflores azuis e malvas case inapreciábeis, penduran delfitas que fan debuxos deformes asemellando farraposmovidos polo vento coma monstros. Con certamaridanza saúdan o etéreo e inerte espazo na súavertixinosa caída, coma un monicreque que quixesebuligar cos sons dunha grande orquestra. Escoitolamentos, calmos lamentos que se distancian de minmergullados nunha brétema choromiqueira; ruído quenon identifico, murmurios afundidos nun resón molesto”.