Skip to main content
Barreiros

Celeiro de Mariñaos organiza a segunda edición da Festa do Veciño

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

Celeiro de Mariñaos organiza este sábado a segunda edición da Festa do Veciño cun programa a base de gastronomía e música. O programa inclúe cea a partir das 21.30 horas cun menú a base de entrantes, sopa de peixe, churrasco de porco celta, sobremesa e café.

Despois da comida, terá lugar o baila da man do cantante Eric Hidalgo, excantante dos Satélites. Trátase dunha cita organizada pola Asociación de Veciños de Celeiro de Mariñaos.