Skip to main content
Ribadeo

Comezan en Ribadeo as obras da estrada para acceder a Illa Pancha

Por 11 Abril, 2024Sin comentarios

Comezan as obras da estrada de acceso á Illa Pancha cun investimento que ascende a 90.000 euros e cuxo prazo de execución será de tres meses. O alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos, e o presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea, supervisaron os traballos.

Estamos aquí no Faro de Illa Pancha para ver como vai o desenvolvemento das obras que empezamos fai uns días. Eu creo que van a supoñer unha mellora importante no acceso a Illa Pancha e unha continuidade co que xa tiña feito o Concello de Ribadeo”, dixo Barea. O presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao tivo palabras de agradecemento para o Consistorio: “Agradecer as axudas que tivemos por parte da Alcaldía para o desenvolvemento desta obra. Foi unha petición que nos fixera o alcalde, porque era moi importante esta continuidade”.

Agora está en proceso de execución. “É unha obra de tres meses, que se vai a acabar moi pronto porque é sinxela e tan un presuposto de 90.000 euros”. Para  Francisco Barea supón “un bo avance” e quedará “acorde ao que é, unha zona preciosa e esperemos que esto lle de vida, tanto ao propio faro como a toda a xente que queira vir a Ribadeo a pasear por esta zona, que é moi bonita e moi de visitar”.

Dende o Concello agradecen ao presidente da Autoridade por desprazarase a supervisar estas obras, que reivindicaron por activa e por pasiva. “Queriamos evitar calquera tipo de confrontación. Nós non queremos vallas de confrontación, o que queremos é que as administracións invistan en Ribadeo e creo que o estamos a conseguir”.