Skip to main content
Ribadeo

O BNG de Ribadeo critica os investimentos do Goberno local

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

Dende o BNG de Ribadeo traslada que malia solicitar información sobre os gastos do Concello, o goberno municipal do PP “négase a dar datos e informar con transparencia sobre as facturas que, cada día máis, van chegando ao Concello”. Sosteñen que chega a responder cun “xa veremos” cando é requirido abertamente pola información das facturas no último pleno.

Os nacionalistas denuncian facturas continuadas, coa mesma empresa, por valor duns 70.000 euros. “Salta á luz, nunca mellor dito, que isto deberíase ter licitado, semella como se houbese un fraccionamento de facturas encuberto (algo que a lei prohibe expresamente). E estes gastos van ser pagados con cargo a remanentes cando non hai nin catro meses que están aprobados os orzamentos deste ano 2024.

Para eles é unha mostra do que pode estar a pasar: “Que poida que haxa partidas que xa estean seriamente afectadas polo excesivo gasto deste Goberno municipal do PP”. Seguindo co tema do alumeado do Nadal, quéixanse que de a parte dos 24.000 euros que están contemplados en ditos orzamentos para o alumeado das festas de fin de ano, neste pleno tamén se aprobou un suplemento de crédito 60.500 euros para engadir aos 24.000 euros inicialmente aprobados. “Están obsesionados con gastar e gastar”.

Denuncian que o Goberno vaia gastar en dous anos en alumeado público para Nadal 143.500 euros, “moito máis que o anterior en todo o mandato”. Tamén critican o diñeiro destinado á publicidade. “Ademais dos 42.000 euros aprobados inicialmente, a maiores gastáronse no 2023 53.000 euros, que por suposto van ser pagados agora, así se aprobou tamén”.