Skip to main content
Trabada

O PP de Trabada critica a ordenanza fiscal reguladora de extraccións de madeira

Por 1 Abril, 2024Sin comentarios

Trala celebración do Pleno ordinario do mes de marzo no Concello de Trabada o Grupo Popular vén de comunicar que “lles sorprenderon certas acusacións sen fundamento do alcalde e tentando ir á defensiva sen ter un motivo”.

En primeiro lugar debatíase e aprobábase a dedicación exclusiva do alcalde na que os Populares votaron en contra pois según eles “parecenos moi elevada e non é normal que chegando á alcaldía no mes de xaneiro sendo concelleiro non é ético adxudicarse unha dedicación tan alta”. Así, aprobouse unha dedicación de 42.000 euros anuais, 3.500 euros brutos mensuais.

Outro punto que se aprobou foi unha subida do IBI de natureza urbana, que pasa dun 0,4 a un 0,6. “Quere dicir iso que sobe nun 33 % o cal aumentará o recibo da contribución anual moito. Para que nos fagamos unha idea, unha casa que pague 150 euros de IBI pasará a pagar 200”, di dende o PP, “votamos en contra e parécenos un despropósito xa que non é o momento despois da suba de todo en xeral, esta medida dana moito o peto de tódolos veciños e veciñas ,é intolerable e innecesario”.

A terceira medida que se debateu foi a creación e aprobación dunha ordenanza fiscal reguladora de extraccións de madeira. “A ordenanza que tratan de sacar adiante tratase de impoñer unha taxa de 0,60 euros por tonelada, quere dicir iso que as empresas de madeira terán que depositar unha taxa antes de cortar e sacar, “esa taxa pagarana tódolos propietarios do monte sen ningunha dúbida e iso nós non o podemos apoiar. Por cada hectárea de monte aproximadamente pagarán ao Concello 180 ou 200 euros, e vai directamente encima do propietario que é o dono da madeira e non as empresas, ou sexa, un despropósito”, engaden dende o PP.

Así, desde o Partido Popular din que eles están da cordo “con que as pistas e carreteiras que se danen, que se arranxen e queden como estaban conservadas,pero para iso hai que ir con outras medidas, cun consenso entre todos os partidos e empresas,e aí nos atoparán a nós sen lugar a dúbidas, porque todos queremos as nosa rede viaria en perfecto estado, pero niso nada tocan con esta ordenanza, só falan de sancións e desa taxa que é recadatoria para o Concello, que non nos enganen e nos deixen de subir e crear impostos”.

O seguinte punto foi a subida do prezo polo uso da piscina e foi aprobado por unanimidade, xa que “é preciso mantela e o prezo que viña tendo era baixo e así igualase a outras instalacións similares.”