Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada consegue unha axuda de 30.000 euros para a nova área recreativa de Vilapena

Por 2 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello de Trabada conseguiu unha axuda de 30.000 euros para construír unha nova área recreativa nunha parcela de propiedade municipal próxima á ruta da Fraga da Vilapena.

Para executar o proxecto, o concello solicitou unha subvención de concorrencia non competitiva (por orde de entrada) á Axencia de Turismo de Galicia.

“Este é un claro exemplo máis de que o Concello de Trabada consegue as subvencións porque se solicitan en tempo e forma e fanse os proxectos que idea o grupo de goberno adaptados ás ordes que saca a administración autonómica. Sen previsión e planificación previa sería imposible acadar estas axudas”, explica o alcalde de Trabada, Rubén García.

A parcela na que estará a área recreativa, de propiedade municipal, está situada moi preto do núcleo rural de Vilapena, na parroquia de Vilapena. Está ademais no inicio e no remate da Ruta Circular da Fraga da Vilapena.

“Con esta actuación, ampliaremos a nosa rede de áreas recreativas; ademais, a cercanía da parcela a unha das rutas de sendeirismo máis importantes do concello pon en valor a súa conversión en área de descanso para veciños e visitantes”, engade o alcalde de Trabada.