Skip to main content
Trabada

A asociación Saúde Mental A Mariña entrega ao Concello de Trabada as cuncas para a Festa da Enfariñada

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

O alcalde do Concello de Trabada, Rubén García, recibiu a representantes da Asociación Saúde Mental A Mariña, que lle fixeron entrega un ano máis das cuncas que elaboran para a Festa da Enfariñada. “A asociación fai un traballo moi importante coas persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, e desde o Concello de Trabada estamos encantados de colaborar con eles con iniciativas como esta”, explica o alcalde.

A Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición o domingo 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de productos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén degustacións e actuacións ao longo da xornada do cuarteto tradicional Xaramolos, Rebeldía e Breo.