Skip to main content
Lugo

Fran Rei achega ao MIHL ‘O Conto de Barriga Verde’

Por 16 Abril, 2024Sin comentarios

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acolle o xoves 18 de abril a partir das 18.00 horas o espectáculo de Fran Rei O Conto de Barriga Verde. Achega á personaxe de Fiz, un mozo labrego galego que terá que enfrontarse ao Serrado e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

As entradas, que son de balde, poden adquirise a través da web. As persoas adultas que acompañen aos nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.