Skip to main content
Lugo

A UNED de Lugo abre a inscrición para un curso sobre intelixencia emocional e benestar animal

Por 7 Abril, 2024Sin comentarios

A UNED de Lugo puxo en marcha unha nova edición do curso sobre intelixencia emocional e benestar animal. Na actividade aprenderase a coñecer mellor, a comunicarse e a relacionarse mellor, de maneira máis emocional, cos nosos animais de compañía.

Será impartido por Virginia Torrecillas Hernández, educadora canina, terapeuta canina e técnica en terapia asistida con animais. Para poder asistir cun can ao curso nos días estipulados para iso, deberase pasar un cuestionario facilitado o primeiro día do curso e valoralo segundo o carácter do animal. Realizarase online ou presencial dende o 11 ao 22 de abril, de 09.00 a 14.00 horas.