Skip to main content
Lugo

De Los Enemigos a Micah P. Hinson: o Facela Fest volve a Lugo

Por 5 Abril, 2024Sin comentarios

O festival de música independente Facela Fest regresa a Lugo na súa oitava edición. Os días 9, 10 e 11 de maio xuntaranse destacadas bandas e artistas de ámbito nacional e internacional na cidade. Los Enemigos e Micah P. Hinson forman parte do cartel xunto con Josh Rouse, Lisabö, Pablo Und Destruktion, Florent y yo, Aiko, Parade, Sunfruits, Alarido, Las Tropigóticas, Beach Avenue, Auto Sacramental, The Black Wizards e Carabela.

A secretaria territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, mantivo un encontro cos organizadores do Facela Fest, Celestino Muinelo e Suso Rielo. Barreiro destacou o apoio económico do Goberno galego ás citas culturais de calidade como este festival de música, “que teñen moito potencial para atraer turismo e dinamizar economicamente os concellos que os acollen”. As actuacións desenvolveranse no club Clavicémbalo e no exterior do auditorio Gustavo Freire.