Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo lamenta o bloqueo do aparcadoiro público do Carme

Por 8 Abril, 2024Sin comentarios

O Grupo Municipal do PP mantivo unha xuntanza con representantes da Confraría da Virxe do Carme para trasladarlles a súa preocupación pola falta de avances do convenio co Concello que permitiría acondicionar un aparcadoiro na contorna da igrexa do Carme.

A preguntas do PP, en comisión, indicouse que o acordo para materializar este aparcadoiro non se executou porque a obra da reparación da cuberta incrementou o seu custo. Lembran que en febreiro de 2023 o Goberno local anunciou que habilitarían estas prazas de aparcamento, nuns terreos situados na parte de atrás da igrexa, logo de subscribir un convenio coa Cofraría da Virxe do Carme que cedeu, por un periodo de catro anos ampliable a un máis, nuns terreos localizados en Poeta Noriega Varela.

Segundo sosteñen os populares, a resposta do Goberno local certifica “que estamos diante doutro proxecto bloqueado, que non se leva a cabo pese as promesas do Concello, estamos falando dun convenio iniciado en 2021 que logo de tres anos segue sen materializarse”.