Skip to main content
Lugo

O adarve da Muralla de Lugo, escenario dunha andaina nórdica única a nivel mundial

Por 10 Abril, 2024Abril 11th, 2024Sin comentarios

A Andaina Nórdica Muralla Romana de Lugo Patrimonio da Humanidade é a única cuxo percorrido transcorre por un circuíto elevado

Durante o mes de abril a cidade de Lugo converterase no epicentro da marcha nórdica. O vindeiro sábado 27 celebrarase o II Trofeo Terras do Miño, mentres que o domingo Terán lugar tres probas: a II Copa Xunta de Galicia trofeo Fedgalmon, o II Open Concello de Lugo e pro primeira vez a Andaina Nórdica Muralla Romana de Lugo Patrimonio da Humanidade

Esta última trátase dunha proba non arbitrada, non clasificatoria e non suxeita a control de estilo e coa posibilidade de utilizar calquera tipo de empuñadura, que  permitirá ao participante vivir a proba desde dentro, con control por chip. Destei xeito, non haberá nin premios nin clasificación e os tempos figurarán por orde alfabética.

Ao longo da xornada do sábado, a Reserva da Biosfera do Miño oferta unha programación centrada neste tipo de actividades. Pola mañá organizarase un roteiro recreativo polos montes baixos e vales dos ríos da cidade e pola tarde poderase gozar dunha saída turística polo centro, incluída zona de viños e revisión do circuíto. Como se trata da única proba a nivel mundial de Nordic Walking cuxo percorrido transcorre por un circuíto elevado, o adarve de muralla de Lugo, as prazas son limitadas e por orde de inscrición.