Skip to main content
Lugo

O poeta Claudio Rodríguez Fer presenta ‘Lugo Blues’

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

O autor Claudio Rodríguez Fer presenta a súa nova obra, ‘Lugo Blues’, n acidade. A cita será este xoves a partir das 19.00 horas na Librería Trama. Acompañarán o autor Valentín García e Henrique Alvarellos.

O poeta Claudio Rodríguez Fer regresa, case corenta anos despois, ao seu Lugo Blues, aquel poemario de culto que, en 1987, sorprendía pola súa calidade e pola aposta temática pola memoria, tanto a persoal como a histórica desta cidade. Unha nova e coidada edición, ampliada e coas novas ilustracións de Sara Lamas, trae de actualidade esta gran obra.