Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo pide que se convoque o Consello Escolar Municipal

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

O PP de Lugo pide ao BNG “que se tome en serio o Consello Escolar Municipal” e reclama a súa inmediata convocatoria. Pese a que había o compromiso do Goberno local de activar este órgano no pasado mes de outubro, “seguimos esperando cando estamos a punto de cumprir un ano de mandato, e co curso escolar a piques de rematar”

A reflexión que fan os populares sobre a necesidade de activar esta canle de participación é compartida pola sociedade, segundo comprobaron en actividades públicas nas que membros do goberno estaban presentes. Javier Vázquez explica que “se pode facer moito polos nenos e nenas e, non entendemos porque os nacionalistas desaproveitan a posibilidade de participación que lles brinda este foro”.

Por este motivo o Grupo Popular presenta un rogo ao vindeiro pleno co ánimo de abrir de forma inmediata esta canle de participación. Piden, así, se convoque o Consello Escolar Municipal, “dando participación e recursos aos seus compoñentes e ao Servizo de Educación do Concello, na procura de dar resposta á problemática e dificultades existentes no eido da educación, e concretamente nos centros educativos de Lugo”.