Skip to main content
Monterroso

Monterroso estrea programación para os máis cativos do municipio

Por 15 Abril, 2024Sin comentarios

Monterroso pon en marcha un amplo programa infantil para a primavera, verán e outono no municipio. Os máis pequenos e pequenas da casa teñen un amplo abano de actuacións preparadas para os seguintes meses.

O vindeiro 23 de abril é a quenda de Raquel Crespo que achegará Quiquiriquí ao Espazo Lorenzo Varela. A proposta comezará ás 17.30 horas. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia a través da iniciativa ‘Ler conta moito’.