Skip to main content
Palas de Rei

O Club Español de Beagle organiza en Palas de Rei a I Proba de Rastro de Lebre

Por 14 Abril, 2024Sin comentarios

O Club Español de Beagle trae a Palas de Rei a I Proba de Rastro de Lebre Terras do Pambre. Deste xeito, organiza a cita para os días 18, 20 e 21 de abril. Conta coa colaboración das Sociedades de caza, Tecor da Ulloa, San Xorxe, O Rosario, e A Perdigueira, ademais do Concello.

O xoves estarán José País Serrano, Antonio Méndez Romero e Ramón Torreiro Otero. Pola súa parte, o sábado 20 participan Manuel Fernández e Pablo Mato, Diego Varela e Javier Sánchez e José Manuel Agra e Sergio García.

Na última xornada estarán José Javier Suárez, Antonio Fernández e Diego Gay. O lugar de concentración para os participantes serán os Fornos Fernando Valín ás 19.15 horas.