Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXAQuiroga

Xa hai cartel anunciador da XXIV edición da Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o 21 de abril

Por 3 Abril, 2024Abril 4th, 2024Sin comentarios

Quiroga presenta o cartel que anuncia a XXIV Mostra do Aceite, que se celebrará o vindeiro domingo 21 de abril, unha Festa de Interese Turístico de Galicia á que animan desde o Concello a participar.

A Mostra do Aceite terá lugar no lugar das Farrapas, en Bendilló, onde os visitantes poderán desfrutar da recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga.

José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, na edición pasada puxo en valor o aceite de Quiroga: “É indiscutible que se trata dun produto excelente que cada vez ten un maior recoñecemento entre os consumidores que reclaman alta calidade e xeitos de produción sostibles e respectuosos co medio ambiente”.