Skip to main content
Monforte

Un novo furgón da Policía Municipal de Monforte foi presentado

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo furgón de atestados para a Policía Municipal “destinado a facilitar o desempeño das súas funcións e en concreto nas actuacións como confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que leva a cabo na vía pública”, sinala o rexedor monfortino.

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros e foi finalmente adquirido por 62.434,79 euros. “Con este novo vehículo vimos de incorporar á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.

O rexedor explicou que o obxectivo coa adquisición deste novo vehículo, foi o de “proporcionar o noso corpo de Policía un furgón adaptado para oficina móbil de atestados e informes, dotado de dúas zonas independentes separadas, sendo a dianteira destinada a pasaxeiros e traseira acondicionada como oficina. A parte dianteira está dotada de dúas portas, unha cada a lado do vehículo, e a traseira dispón dunha porta lateral corredeira polo lado dereito e dúas portas traseiras”.

Trátase dun vehículo novo, marca Renault Trafic, diesel, cunha cilindrada de 1.997 cm 3 e unha potencia de 81 KW, con tracción dianteira, caixa de cambios manual e de 6 velocidades. Do mesmo xeito, consta coa correspondente instalación eléctrica y de telecomunicacións e o equipamento policial necesario incluído no prego de condicións, como lanternas, extintor, botiquín, soporte para cinta de balizamento, martelo rompe-cristais e corta-cinturóns, cinta métrica, pata de cabra, e unha caixa de ferramentas, entre outros elementos.

Tamén leva instalada a correspondente sinalización acústica e luminosa, segundo marcan as normas que rexen para este tipo de vehículos policiais.