Skip to main content
Monforte

Mar de Lumes convoca unha concentración en Monforte para pedir o alto ao fogo en Palestina

O vindeiro luns, 15 de abril, ás 20.30 horas, Mar de Lumes levará a cabo unha concentración en Monforte de Lemos, especificamente na Praza de España.

Este evento realizarase de forma simultánea noutras 29 localidades galegas, co obxectivo de esixir un alto inmediato ao xenocidio perpetrado contra a poboación palestina polo estado sionista de Israel.

A situación en Palestina demanda unha acción urxente e unificada, polo que convidamos á comunidade para sumarse a este acto de solidariedade e denuncia.

Ademais, tamén invitan a participar nun evento que levará a cabo o día 21 de abril en Compostela, ás 11.00 horas, na Praza da Quintana. Realizarase a creación dun mosaico xigante como símbolo de unidade e apoio á causa palestina.