Skip to main content
Monforte

Presentáronse 34 candidaturas para o concurso que premia os mellores deportistas de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que, unha vez finalizado o prazo de inscrición o pasado 29 de marzo, foron 34, dúas máis que na edición anterior, o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2023, que un ano máis organiza o Concello de Monforte.

“O noso obxectivo é poñer en valor os resultados e o traballo que desenvolven atletas e clubs da nosa cidade ó longo do ano, neste caso referido ó ano 2023”, destacou o rexedor.

Formalizadas xa todas as candidaturas, o seguinte paso será elixir aos gañadores de cada unha das categoría que se establecen a través dos membros do xurado, que estará composto por cinco persoas relacionadas co deporte local, provincial ou autonómico e que presidirá o alcalde do Concello de Monforte, que terán como cometido analizar cada unha das candidaturas das diferentes categorías e elixir a cada un.