Skip to main content
Monforte

‘O camiño de volta’ e a fotografía gañadora do Certame de Fotografía Fotxénica Mente da Asociación Albores

A Asociación Albores de Monforte xa denominou ás persoas gañadoras do Certame de Fotografía Fotoxénica Mente deste ano.

O concurso foi convocado para promover a reflexión sobre a saúde mental entre a cidadanía.

Este ano o lema elixido para contextualizar as fotografías era ‘A saúde mental como dereito universal’ e o motivo foi que a Organización Mundial da Saúde o tomou para a última campaña do Día Mundial da Saúde Mental ao considerar que está subestimada en comparación coa saúde física.

As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico e un diploma, e as 10 mellores fotografías participan nunha exposición de duración anual, na que as imaxes se acompañan de textos, para achegar información básica á cidadanía, que sirva para previr as doenzas, detectalas e facilitar o contacto coa nosa entidade en caso de que se precise axuda.

“Ademais, a achega de información veraz favorece a desaparición dos falsos mitos e estereotipos, tan arraigados na nosa sociedade e que sustentan o estigma e discriminación das persoas con problemas mentais”, explican.

Os premios

O primeiro premio, valorado en 200 euros e que inclúe a entrega dun diploma e a publicación e difusión da fotografía no vindeiro cartel conmemorativo do Día Mundial da Saúde Mental foi para ‘O camiño de volta’, de Iago Manoel Souto Lorenzo.

Pola súa parte, o 2º, de 75 euros e cun diploma acreditativo foi para ‘Cicatrices do meu coraza’, de Pablo Mateo Bernal Agulla.

Por último, o 3º premio será obsequiado con 25 euros e un diploma acreditativo para a obra ‘Yin e Yang’, de Lola.