Skip to main content
Axenda SARRIAXAO Páramo

O Dúo Tropical amenizará a primeira xornada das festas de Friolfe, no Páramo

As festas de Friolfe, no Páramo, celebraranse os vindeiros 15, 16 e 17 de xuño con diversos grupos musicais que amenizarán as xornadas.

Así, o día 15, sábado, terá lugar a saída da ruta cabalar, ás 12.30 horas será a misa con procesión e logo virá a sesión vermú co Dúo Tropical, que tamén amenizará o tardeo.

Pola súa parte, o 16 de xuño comezará a xornada coa misa e procesión, que virá acompañada da sesión vermú con Eureka e, á tarde, terá lugar a verbena con Eureka e Cinema.

Por último, o luns 17 de xuño a festa rematará coa verbena da man do Dj Goteo e La Fórmula, que porán punto e final ás festas de Friolfe.