Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Volve a Festa das sopas de allo a Goián, en Sarria, da man da Asociación de Gaiteiros de Goián

Por 12 Abril, 2024Abril 13th, 2024Sin comentarios

A Asociación Cultural Gaiteiros de Goián organiza a III edición da Festa das sopas de allo, que terá lugar o vindeiro 20 de abril, a partir das 21.30 horas, na escola de Goián, en Sarria.

Así, as persoas que se apunten a esta festa, que ten prazas limitadas debido ao aforo da escola, poderán desfrutar de sopas de allo feitas pola propia asociación, viño, larpeira, café, queimada e foliada.

Ata o vindeiro día 14 de abril poderanse apuntar todos os veciños da parroquia e doutras parroquias do municipio de Sarria para compartir unha xornada de música tradicional.

As dúas edicións anteriores celebráronse antes da pandemia da covid e agora recuperan esta festa á que esperan que acudan moitas persoas ás que lles guste a música tradicional, como a Asociación Meigas e Trasgos e a Asociación Peleriños.

Desde a Asociación defenden que a intención é “xuntar a músicos da zona para facer música e desfrutar dunha foliada de noite con músicos e bailadores, así como comer unha comida típica como é a sopa de allo”.