Skip to main content
Sarria

O BNG de Sarria presentará unha moción rexeitando o proxecto da empresa Altri

Por 3 Abril, 2024Abril 4th, 2024Sin comentarios

O BNG presentará unha moción no vindeiro pleno na que rexeita o proxecto da empresa Altri que se vai instalar en Palas de Rei “por afectar significativamente ao Camiño Francés”.

A macrofactoría de produción de pasta de celulosa, explican, potenciará unha actividade industrial “nada sostible e que pode poñer en risco que o Camiño de Santiago poida seguir considerado como Patrimonio da Humanidade”.

Así, explican que un catedrático da USC dixo que noutros países, por actividades industriais parecidas, “descatalogáronse zonas de Patrimonio como o Camiño”, defende Efrén Castro. Por iso, defenderon parar o proxecto “para evitar que afecte ao ben cultura de Sarria e da comarca”.