Skip to main content
Sarria

Xaime Félix López Arias, máis coñecido como Arlindo, abrirá as festas patronais de Sarria como pregoeiro

Por 15 Abril, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

Xaime Félix López Arias, máis coñecido como Arlindo, é a persoa elixida para ser o pregoeiro das festas patronais e o San Xoán de Sarria.

O recoñecido abogado, profesor, investigador e historiador do municipio sarriao será a persoa encargada de dar o pregón, xa que o alcalde, Claudio Garrido, defende que é a persoa que “mellor representa o San Xoán pola súa traxectoria” por difundir a historia de Sarria e como defensor do Camiño de Santiago e a irmandade entre Sarria e Guerlédan.

O Concello de Sarria ten como obxectivo homenaxear o gran traballo realizado polo historiador de Sarria e facer así un tributo ao seu amor pola súa terra, sendo unha persoa que crea comunidade.

Pola súa parte, Arlindo recibiu a noticia con sorpresa, pero satisfacción, sendo o encargado de abrir as festas o vindeiro 21 de xuño desde o balcón do Concello.